Hai unha certa fatalidade que rodeaba a certas esculturas de Francisco Asorey. Algunha das pezas que se buscaron cando Miguel Fernández Cid se puxo a producir unha exposición sobre o escultor foran roubadas ou estaban desaparecidas. Vencidas algunhas das hipóteses iniciais, aquelas que apuntaban á dificultade de conseguir as obras en préstamo, o resultado é unha exposición boutique, con só 14 pezas pero o suficientemente representativa para exhibir a figura dun dos mellores escultores do século XX.
"Asorey é un dos últimos grandes escultores do século XX" afirma Miguel Fernández Cid, comisario dunha exposición preparada para conmemorar o centenario do nacemento do escultor. Foi a actividade principal de todo un ano de celebracións no que houbo lugar para faladoiros, conferencias e un curso de verán sobre a súa figura. A mostra, que se inaugurou en agosto na cidade natal do artista, loce agora en Santiago, a outra gran referencia urbana de Asorey onde viveu e instalou o seu lugar de traballo. Un espazo que "está presente na exposición, xa que reproducimos as imaxes que o seu amigo Ksado lle fixo no seu estudo, ao lado dalgunhas das pezas que tamén aparecen recollidas na exposición" apunta Fernández Cid. Unhas fotografÃcas que teñen a particularidade de, malia ser copias actuais, empregan as placas de cristal do propio Ksado.
Do monumentalismo á técnica en Asorey
A exposición que a dÃa de hoxe se pode ver na Fundación Torrente Ballester (Rúa do Vilar, 7-Santiago) recolle as dúas liñas de traballo do escultor. "Dunha banda aparece o Asorey monumentalista que é o que se pode ver espallado en espazos públicos de diferentes localidades (LalÃn, Santiago, CambadosÂ…) e que recollemos en cinco reproducións fotográficas de gran tamaño" apunta o comisario. FotografÃas que exhiben ese gran monumentalismo figurativo con formas claramente arquitectónicas feitas en granito e de gran dimensión.
Da outra banda, a exposición tamén reproduce a faceta dun escultor moi innovador que vive a súa época dourada nos anos vinte. "Asorey foi un gran renovador e onde el realiza unha gran achega é na escultura de madeira policromada" afirma Miguel Fernández Cid que destaca tanto a súa técnica como a súa iconográfica. "Asorey realiza escultura en madera figurativa policromada moi influÃda pola escultura barroca pero, unha das grandes pecularidades é que non prepara con estuco a madeira para logo pintar, senón que pinta directamente. Ademais, para que a pintura non cáese da madeira, Asorey facÃa pequenas incisións sobre as que botaba a pintura. Non é a única innovación, xa que fixándose nas figuras femininas apréciase que a madeira non está traballada e logo lixada para conseguir un efecto máis suave, senón que realiza o traballo directamente". Polo demais, Miguel Fernández Cid tamén recoñece que e a obra de Asorey é "extremadamente rica en detalles iconográficos, moi influenciados pola cultura galega, propias da época das Irmandades da Fala na que se aprecian certas pegadas nacionalistas". A exposición exhibe obras como O Tesouro, na que unha muller leva nas mans o meirande tesouro desa época: un tenreiro. Unha peza que estaba nuns almacéns de Madrid que pertencÃa a unha colección particular e que non coñecÃa nin o propio fillo do escultor.
Unha exposición necesaria
Se en vida, Asorey gozou dun grande recoñecemento, en parte grazas aos números premios estatais que gañaba, en parte pola repercusión monumental que tiveron as súas obras. Hoxe en dÃa a súa figura está empañada. "Non existe un inventario da súa obra, e tivemos que comezar a localizar moitas das súas pezas" explica Miguel Fernández Cid, a persoa que en xaneiro deste 2011, unha vez que a Xunta declarou o "ano Asorey", recibiu o encargo de preparar a exposición sobre a figura do escultor Cambadés. Cando se puxo man a obra non pararon de choverlle os problemas. "Cando conseguÃas localizar a persoas que tiña unha obra, resulta que cando a localizabas afirmaba ter sido o seu propietario fóra roubada. Hai unha certa fatalidade con algunhas pezas" recoñecÃa o comisario. Noutros casos, das obras que procedÃan de museos, atopábanse nun estado de conservación que desaconsellaba o seu traslado. "Nun caso en concreto, nunha peza representativa como é A nai de dor, presentamos a restauración da peza como parte do proceso de negociación que permitirá, unha rebaixa nas condicións habituais do préstamos deste tipo de obras e permitiu exhibila por primeira vez" puntualiza.
"Para nós, explica Miguel Fernández Cid, está é unha mostra que serve para ver esa época central de Asorey nos anos vinte e unha exhibición da súa evolución, pero merece unha grande retrospectiva" asegura. De momento, a Fundación Torrente Ballester, centro que dirixe o propio Miguel Fernández Cid desde hai pouco máis de un anos), está a colleitas as cifras máis altas de visitantes dos últimos tempos. En só tres dÃas superou os seiscentos visitantes, un pequeno exemplo do que da a figura do último gran escultor do século XX.

O Tesouro
O Tesouro, 1924. Francisco Asorey