Abre en Cambados a exposición O Asorey descoñecido

David Leirós Araújo gañou o certame que leva o nome do escultor

3/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

O Pazo de Torrado, en Cambados, acolle desde onte a exposición O Asorey descoñecido, coa que se conmemora o 125 aniversario do nacemento do escultor. Na mostra pode verse unha escolma de obras deste artista realizadas en distintas técnicas, moitas delas en mans de particulares e de difícil acceso para o público xeral. A coincidir con esta inauguración, dábase a coñecer o resultado do I Certame de Escultura Francisco Asorey. David Leirós Araújo fíxose co galardón coa súa obra Contrabasse un violín de metal de inspiración cubista. Leirós recibirá seis mil euros en metálico e poderá montar unha exposición para dar a coñecer o seu traballo.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

13/09/2011

O último monumentalista

Unha exposición pon en valor a figura do escultor Asorey, o último gran escultor

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asorey, Cambados

Claves

Protagonistas
Lugares