David Braña e Pablo Leirós publican un cómic coa historia do concello de Alcorisa (Teruel)

Cadriños galegos para Teruel

23/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Dous autores de Vigo, o guionista David Braña e mais o debuxante Pablo Leirós, foron seleccionados polo Concello de Alcorisa (Teruel) para celebrar con banda deseñada os catrocentos anos desta vila. A vitoria neste certame supúxolles aos dous autores publicar o álbum "La Alcorisa que se hizo villa", que conta con cincuenta páxinas a toda cor. Nesta obra, nárranse, mesturando ficción e realidade, os feitos que deron na segregación de Alcorisa a respecto de Alcañiz e súa conformación como vila. A obra distribuirase en centros de ensino e sairá a venda nun circuíto reducido de establecementos. Os autores teñen participado en diferentes fanzines, tanto galegos coma foráneos e, no caso de Leirós, é un habitual nos certames de BD do noso país.

Máis información en Seventeencomics.com

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Braña, Cómic, Banda deseñada, Vitoria...

Claves

Protagonistas