O Consello da Cultura Galega presenta a exposición Galicia 100

Inaugurarase o 10 de maio en Santiago de Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
O Consello da Cultura Galega presenta a exposición Galicia 100

O Consello da Cultura Galega presentou a exposición Galicia 100, un proxecto expositivo que pretende contar a cultura galega a través de cen obxectos desde o Paleolítico ata os anos 90 do século XX. A exposición, realizada en colaboración con Afundación e comisariada por Manuel Gago, comezará en Santiago de Compostela o 10 de maio, na sede desta entidade na rúa do Vilar, para posteriormente itinerar a á Coruña e Vigo. Pero Galicia 100 é moito máis: unha publicación, unha app, vídeos emitidos en Internet e no programa Zigzag da Televisión de Galicia, recreacións de modelos 3D, animacións de pezas e moito máis que se irá desvelando nas vindeiras semanas. Podes seguir os contidos que se están a publicar nas redes sociais e no web do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, Manuel Gago, Internet...