Os obxectos falan en Galicia 100

O CCG comeza a difundir o seu novo proxecto divulgativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Os obxectos falan en Galicia 100

O Consello da Cultura Galega difundiu esta fin de semana o primeiro avance de Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura, un amplo proxecto que tenta contar a cultura galega a través de cen obxectos da Historia do país, na liña de diferentes proxectos levados a cabo en países do mundo anglosaxón. O proxecto substánciase nunha exposición acollida na sede de Afundación na rúa do Vilar, en Santiago de Compostela, a partir do 10 de maio, e que logo itinerará á Coruña e Vigo. Ademáis, Galicia 100 disporá dunha publicación, unha app interactiva, modelos 3D e animacións que proporcionarán ao visitante e lector unha experiencia multimedia. Hoxe comeza a emitirse na Televisión de Galicia, no programa Zigzag, unha escolma de vídeos dos obxectos seleccionados.

Mira a primeira das animacións en vídeo que promocionan Galicia 100:

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Consello da Cultura Galega, Televisión de Galicia, Rúa do Vilar...