Abre a exposición Pontevedra no tempo explorando a relación entre a cidade do Lérez e a súa memoria

Estará aberta ata o 14 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
Foto: Cidade da Cultura

Foto: Cidade da Cultura

Onte a Cidade da Cultura inaugurou na sede de Afundación Pontevedra a última das sete exposicións do proxecto 'Cidades no tempo'. Pontevedra no tempo explora a identidade urbana de Pontevedra, pero tamén as estreitas relacións co amplo territorio municipal do ámbito rural. A través de cen obxectos, entre os que figuran pezas históricas, obras de arte, documentación inédita e iconas da cidade, canda proxeccións audiovisuais e interactivas, explóranse as transformacións do territorio e do espazo urbano pontevedrés. A exposición pódese visitar na sede de Afundación Pontevedra e foi comisariada por Manuel Gago xunto con Milagros Bará como coordinadora local. O proxecto Cidades no tempo reivindicou a identidade urbana de Galicia a través de sete exposicións monográficas de cada unha das cidades galegas. Pontevedra no tempo estará aberta ata o 14 de setembro.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Cidades no tempo, Exposicións, Identidade...