Unha cidade que garda unha vila anterior na súa memoria, un espazo no que se deu un encontro privilexiado entre cultura, educación, ciencia e técnica e un espazo no que se deu unha vizosa e fértil sociedade civil. Estas son algunhas das claves da exposición 'Ferrol no tempo', a segunda das mostras do proxecto 'Cidades no tempo' promovido pola Consellería de Educación e Cultura e a Fundación Cidade da Cultura coa colaboración de Afundación e que ata o ano 2024 recuperará e reivindicará o legado cultural das sete principais cidades galegas. A exposición de Ferrol pódese visitar ata o 28 de xaneiro en Afundación Ferrol. Facemos unha escolma de dez obxectos que falan do pasado ferrolán.
A exposición Ferrol no tempo está comisariada por Manuel Gago e conta como coordinador local ao historiador ferrolán Guillermo Llorca. Entre os dous seleccionaron máis de 110 obxectos, entre documentación, obras de arte e todo tipo de obxectos, traídos de 33 distintas institucións públicas e privadas. O obxectivo: amosar o legado cultural de Ferrol a partir dunha escolma de obxectos e temáticas que dan conta da evolución e a identidade dunha cidade singular no contexto galego.
De seguido, seleccionamos dez obxectos que nos permiten coñecer aspectos importantes da vida de Ferrol.
1. A batalla de Brión. Unha historia compartida.
A exposición comeza cun mito fundacional. Aínda que Ferrol non dispón dunha lenda das orixes chea de deuses clásicos ou santos, como outras cidades galegas, si que existen relatos do pasado que chegan ata hoxe e se celebran anualmente pola veciñanza. A Batalla de Doniños, ocorrida entre o 25 e 26 de agosto de 1800, supuxo a invasión da contorna da cidade pola Armada inglesa. As defensas que se comezaran a definir do século XVI e o propio sentido militar da cidade puxéronse a proba. O esforzo conxunto de militares e paisanos conseguiu rexeitar, con moi poucos medios, o ataque da principal armada do mundo. As ilustracións de Miguel Robledo, animadas por Jorge Costas, proporcionan unha visión lugar deses dous furiosos días de agosto de 1800.
2. Dique de Ferrol. Mariano Sánchez (1792-1795)
Patrimonio Nacional. Palacio de El Pardo.
Os óleos do pintor Mariano Sánchez sobre os portos galegos, encargados polo rei, son das escasas mostras de pintura de escenarios urbanos galegos do século XVIII. Na serie galega de Sánchez, os seus cadros do Arsenal ferrolá son posiblemente os de máis calidade. Amosan xa o Arsenal a pleno rendemento, co persoal facendo tarefas de mantemento e unhas curiosas e elegantes falúas as pequenas embarcacións empregadas polos altos mandos para atravesar o complexo- móvense entre os barcos da armada. Sánchez pasou corenta días tomando apuntamentos en Ferrol antes de realizar estes cadros.
3. Lápices Hispania
Colección Guillermo Llorca.
Fronte o tópico da industria naval ferrolana, o certo é que ao longo do século XIX e XX prosperaron outras industrias nacidas como auxiliares do naval pero tamén, moitas veces, polo contexto marítimo e técnico da cidade. Fábricas de procesado de bacallau como PYSBE ou de elaboración de lápices como Hispania amosan que nas décadas centrais do século XX a industria ferrolá era máis diversa do que se pensa.
Foto: Ovidio Aldegunde
4. Libros de bautizados do Hospital da Caridade (1848-1851)
Santo Hospital da Caridade
A afluencia de militares e obreiros a Ferrol tivo importantes consecuencias sociais. A cidade medrou moi rápido, a poboación era moi distinta socialmente á do resto de Galicia e unha consecuencia de tanta presenza masculina foi a aparición de numerosos fillos ilexítimos, orfos ou abandonados. O Hospital da Caridade é a institución benéfica máis antiga da cidade e acolleu a estes rapaces, que vivían en condicións moi duras. Estes libros son unha testemuña, emocionalmente impactante, da dor do abandono. Eses sobres anexos ás actas do bautizo conteñen 'probas' da maternidade dos fillos. Unha é unha figa, un amuleto. A outra é un anaco de tea bicolor. Se as nais querían recuperar os seus fillos no futuro, acreditaban que se trataban dos seus vástagos desvelando o contido dese sobre, como unha proba de ADN do século XVIII. Podería estar nunha novela de Charles Dickens, pero estaba en Ferrol.
Foto: Ovidio Aldegunde
5. Cruceiro da Tafona (século XV)
Concello de Ferrol.
O cruceiro da Tafona pertence ao reducido grupo dos cruceiros máis antigos de Galicia. Encravado no antigo barrio de Canido, extramuros en relación á muralla medieval de Ferrol Vello, segundo Carlos Valle podería estar relacionado con contextos iconográficos franciscanos. O cruceiro da Tafona é un exemplo da relación entre os dous "Ferrois". Estaba localizado extramuros do núcleo de Ferrol vello, o antigo burgo mariñeiro medieval. Coa construción do Arsenal no século XVIII, a cidade expandiuse de maneira notable cara o leste e Ferrol Vello foi esmorecendo como núcleo de poder, ata o punto de que hoxe en día se conserva a traza das rúas pero non os edificios. Porén, algunhas das imaxes relixiosas de máis devoción e simbolismo da cidade proceden do antigo núcleo medieval, como portadoras da memoria colectiva.
Foto: Ovidio Aldegunde
6. Reloxo de mesa de seis esferas (1811)
Museo de Pontevedra.
As destrezas técnicas dos operarios e técnicos do Arsenal e dos estaleiros comezaron a estenderse fóra do propio recinto militar xa no século XVIII, con destacados reloxeiros como Andrés Antelo, autor do reloxio (aínda activo) da torre da Berenguela da catedral de Santiago. Este reloxio de seis esferas, producido en Ferrol en 1811, é un exemplo de como os coñecementos técnicos da mecánica de precisión precisos para a armada comezaron a aplicarse en bens suntuarios destinados á clase alta galega. Trátase dun dos exemplos máis sofisticados de reloxio producidos na Galicia de finais da Ilustración e na entrada do século XIX.
Foto: Ovidio Aldegunde
7. Enciclopedia mecánica de Ángela Ruiz Robles (1962)
MUNCYT A Coruña.
A xa moi coñecida Enciclopedia mecánica da mestra Ángela Ruiz Robles é tamén un exemplo do diálogo, en Ferrol, entre a educación, a cultura, a ciencia e a técnica. Dona Ángela elaborou numerosas patentes ao longo da súa vida, pero conservamos poucos prototipos destas invencións. Esta Enciclopedia mecánica producida no Ferrol en 1962 considérase un precedente mundial do libro electrónico. Ruiz Robles deseñouna pensando no peso que tiñan que cargar os escolares para iren ao colexio. O prototipo foi realizado no Parque de Artillería de Ferrol, poñendo en evidencia ese diálogo entre a capacidade de inventiva da mestra e as posibilidades de execución técnica achegadas polos operarios do parque.
Foto: Ovidio Aldegunde
8. Caixa con útiles para ir ao teatro (segunda metade do século XIX)
Pazo do Monte de San Pedro de Leixa
Ferrol dispuxo de espectáculos públicos desde o século XVIII. A cidade destacou pola importante presenza de teatros como o Jofre, cines e unha vida social marcada polas diferencias de clase e polas preferencias entre obreiros, burguesía e aristocracia. Esta caixa con anteollos, luvas, abanicos e outros artefactos, procedente do Pazo do Monte (San Pedro de Leixa, Narón) achéganos á vida das clases altas ferrolás a finais do século XIX.
Foto: Ovidio Aldegunde
9. Trompeta sonora (1928)
Museo do cine de Narón
O dinamismo urbano do Ferrol de principios do século XX non se plasmaba só na industria, senón na conformación do que se coñecía como sociedade de masas, estruturada a través dos medios de comunicación e a gran industria do entretemento. Esta trompeta sonora Western, fabricada en Chicago en 1928, está asociada aos primeiros pasos do cine sonoro en Galicia. Substituíu en 1930 á primeira tecnoloxía sonora instalada no Jofre. A calidade do audio dos filmes sorprendía aos asistentes. O Western era o mellor sistema de audio no cine a finais da década dos 20. A súa implantación inicial en Galicia foi en Vigo, na Coruña e en Ferrol.
Foto: Ovidio Aldegunde
10. Cara a Fisterra. Ricardo Segura-Torrella (1978)
Familia Segura-Torrella
Este monumental cadro do pintor ferrolán Ricardo Segura-Torrella (1978) é un dos mellores expoñentes da pintura social galega de finais dos 70. O cadro foi concibido a partir de tres escenas, vistas en diferentes partes de Galicia. As protagonistas son mulleres da parroquia de Doniños e é unha reivindicación tamén do extenso territorio rural ferrolán. Agora ben, entre as moitas lecturas do cadro, unha moi rechamante é a cor azul das prendas das labregas. Inevitable non asociala coa cor azul dos buzos obreiros das fábricas da cidade, que os traballadores levaban ás súas casas para proseguiren os traballos no campo coa mesma roupa coa que se desempeñaban no estaleiro.