Onte inaugurouse a mostra 'Ourense no tempo'. Despois de Vigo no tempo, esta trátase da sexta exposición do proxecto 'Cidades no tempo'. A mostra incide, a través de 106 pezas fÃsicas e 50 dixitais, na construción da identidade dunha cidade que desempeñou un papel fundamental nas interaccións entre a Galicia litoral, Portugal, León e Castela e que, a través de diferentes xeracións de intelectuais e artistas, marcaron a Galicia do século XIX e XX. Ourense no tempo está promovida pola ConsellerÃa de Educación e Cultura da Xunta de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia en colaboración con Afundación. A mostra estará aberta ata o 11 de maio en Afundación Ourense (Praza Maior).
A mostra ofrece 106 obxectos, entre obras de arte, pezas arqueolóxicas, documentos históricos, pero tamén obxectos moito máis cotiás e fragmentos de audio. Seleccionamos cinco pezas da exposición que dan conta da evolución histórica da cidade.
1. A ara de Revve Anabaraego das Burgas
As Burgas é moito máis que un manantial. Os eruditos situaron na existencia da surxencia de augas quentes as orixes da Ourense romana, nunha zona alta a salvo das crecentes do rÃo Miño pero tamén con esta importante provisión de auga quente. As investigacións arqueolóxicas revelaron a existencia dun santuario termal abovedado de época romana, pero tamén que o culto a estas augas termais puido ter empezado antes, de xulgar polas cinco aras dedicadas ao deus Revve Anabaraego, unha divinidade presente na área occidental peninsular, sobre todo nas áreas galaica e lusitana. A ara amosada foi dedicada por un individuo que, a xulgar polo seu nome, era de procedencia foránea, pero se querÃa congregar co deus ancestral. Ao carón, os visitantes poden tamén observar a famosa ara dedicada por Calpurnia Abana Aeboso, unha galaicorromana que xa se relacionaba cun novo culto importado de Roma: as ninfas. Logo estas figuras divinas manterÃanse moi presentes no folclore tradicional galego.
2. Ventá da Reza Vella
Esta ventá altomedieval procedente dun oratorio na Reza Vella, na ribeira norte do Miño pero dentro do termo municipal, é unha excelente testemuña de como se foi configurando o poboamento de Ourense na Alta Idade Media. O perÃodo da Antigüidade tardÃa, a época sueva e os inicios da Alta Idade Media teñen intrigado moito os eruditos ourensáns, que procuraron infrutuosamente a conexión entre a mÃtica historia do rei suevo Carriarico e a súa corte ourensá, narrada polo franco Gregorio de Tours, e os restos arqueolóxicos da cidade. A Reza Vella fála dun momento máis tardÃo: cando as ribeiras do Miño e do Sil se encheron de pequenos eremitorios e mosteiros que colonizaron o territorio e comezaron a sistematizar a actividade agraria. Esta ventá remÃtenos non só á primeira gran transformación da paisaxe e do poboamento do concello trala época romana, senón tamén á extensión dos movementos culturais e artÃsticos na actual provincia. A peza ten paralelos claros na provincia, en Santa Eufemia de AmbÃa ou en Castro Caldelas.
3. Vista de Ourense de Antonio Cendón (mediados do século XIX)
Un fenómeno frecuente no proxecto Cidades no tempo é que as primeiras vistas fotográficas ou pictóricas da cidade adoitan marcar, de algún xeito, o xeito no que a cidade vai ser representada no futuro. Esta Vista de Ourense de Antonio Cendón foi producida a mediados do século XIX e ten un gran valor documental, máis que artÃstico, e foi a primeira do dilatado conxunto de representacións da cidade durante un século. Permite observar a cidade no momento no que se comeza a producir a expansión burguesa a partir do núcleo urbano da Idade Moderna, coa catedral no centro da cidade e unha incipiente Alameda. A cidade cambiará de xeito case radical nas vindeiras décadas, co desenvolvemento da rúa Progreso entre outras ampliacións que se fan conforme se modernizan ou se crean máis vÃas de comunicación que farán de Ourense un importante nodo comercial.
4. Cartel de O'Volter (o bar de Tucho)
Ourense é unha cidade no que a cultura do faladoiro e os cafés foi fundamental, e que deu lugar a unha frutÃfera rede de persoas que movéndose entre o intelectual, o polÃtico e o activismo, construiu unha cultura de cidade. O letreiro de O'Volter é unha magnÃfica peza que escenifica esta cultura do faladoiro pero tamén o intercambio entre xeracións culturais ourensáns. O Bar de Tucho foi designado por Vicente Risco coma O'Volter, en referencia ao lendario Cabaret Voltaire que en ParÃs reunÃa a boa parte das avangardas artÃsticas de entreguerras. E tiña todo o sentido: o propio Risco, xa vello, reunÃase aà co núcleo de artistas ourensáns que serÃan coñecidos como Os artistiñas, entre os que estarÃan figuras como Acisclo Manzano (autor do letreiro), Xaime Quessada ou Ignacio Basallo entre outros, e que serÃan pezas fundamentais da renovación da arte galega contemporánea.
5. Guitarra de Yosi (Los Suaves)
A cidade de Ourense destaca polas súas propostas musicais, como o festival de jazz proposto desde o Café Latino desde hai décadas. Pero se un grupo destaca e ten contribuÃdo á difusión da imaxe da cidade no exterior son Los Suaves. O grupo de rock destaca pola súa capacidade de espertar o orgullo de diferentes xeracións da cidade, que saben de memoria os himnos do grupo. Esta guitarra foi a última empregada nos concertos por Yosi, o lÃder da formación.