Abre a mostra interactiva sobre Celso Emilio

A Biblioteca Ánxel Casal de Compostela acolle o proxecto ata o 13 de abril

26/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Biblioteca Ánxel Casal, en Compostela, acollía esta mañá a inauguración da mostra multimedia promovida pola Consellaría de Cultura que repasa a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro. O proxecto, coordinado pola empresa Ouvirmos, toma a forma dun punto de información sobre o poeta. No mesmo, unha pantalla amosa unha liña do tempo interactiva que achega imaxes, fragmentos de audio e outros contidos encol do autor. Canda a isto, nunha mesa de luz poden verse obxectos persoais do homenaxeado.

Logo da estadía en Compostela, a mostra percorrerá as bibliotecas nodais de Pontevedra, A Coruña, Ourense, Lugo e Vigo para visitar con posterioridade diversos centros de ensino de todo o país.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxel Casal, Celso Emilio Ferreiro, Bibliotecas, Pontevedra...