A Biblioteca Ánxel Casal, en Santiago, acolle dende hoxe e ata o 9 de maio a exposición itinerante Filgueira Valverde (1906-1996), un faro na construción de Galicia, organizada conxuntamente pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, para dar a coñecer a vida e obra do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Tamén dende o 24 de abril e ata o 24 de maio pódese visitar no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra a exposición sobre Filgueira Valverde e as diferentes etapas da súa vida como a súa vinculación co Seminario de Estudos Galegos e a súa contribución á cultura galega. Fotografías, obras de arte, libros e documentación de diversa índole conforman a exposición Un faro na construción da cultura.
A exposición Filgueira Valverde (1906-1996), un faro na construción de Galicia estrutúrase en quince capítulos onde se van presentando as diferentes etapas da súa vida, en función do seu lugar de residencia, as súas facetas como creador literario e os cargos de natureza política que desempeñou como alcalde da súa cidade, conselleiro de Cultura e presidente do Consello da Cultura Galega.
A o longo dos paneis da exposición tamén se pode coñecer a súa vinculación co Seminario de Estudos Galegos, o seu labor no Instituto de Pontevedra e na creación do Museo. Toda a documentación e a biblioteca de Filgueira foi depositada no Museo de Pontevedra polos seus fillos, perfectamente catalogada, e fixo posible esta exposición na que se pode ver dende o mobiliario do seu despacho ata as obras dos artistas da súa colección privada, como Laxeiro, Torres, Souto e Sobrino. Tamén as medallas que recibiu, o seu epistolario e os principais traballos de investigación e creación literaria pódense contemplar nesta mostra que percorrerá toda Galicia.