O comité de expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa acaba de facer público o seu cuarto informe sobre o cumprimento deste acordo no Estado Español. Segundo sinala A Mesa pola Normalización, o documento apunta que "os acordos sobre o tratado internacional non está cumpridos nin na educación infantil, nin na primaria, nin na secundaria, en relación ás limitacións impostas polo Decreto 79/2010 ao uso do galego no ensino". Do mesmo xeito, apunta que o novo informe recolle que este decreto "entra claramente en contradición cos compromisos escollidos polas autoridades de acordo coa Carta que esixe a educación predominantemente en galego".
Pola súa banda, desde a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica sinálase que o informe dos expertos do Consello de Europa recoñece mellorÃas nas situación de linguas minoritarias a nivel estatal. Ademais, a Xunta anuncia a súa vontade "de seguir as recomendacións do Consello de Europa" e indicou que, "nalgúns puntos, xa están en marcha medidas de mellora de recente aplicación" como o desenvolvemento o expediente electrónico no ámbito da xustiza ou o plan para mellorar a presenza do galego no ámbito económico.