"É na xustiza e no ensino", aseguran nas conclusións os expertos europeos reunidos no Consello da Cultura Galega para analizar a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, "onde España está a incumprir os preceptos do documento". A Carta, suscrita por España no 2001, é vinculante para os Estados na protección das linguas que existen no seu territorio. Nas conclusións, os expertos salientan que “Galicia non debe dar pasos atrás na xa insuficiente protección do galego no ensino, segundo destacan os dous informes de cumprimento, e debe ofertar un modelo de ensino basicamente en galego e unha axeitada capacitación do profesorado que permita cumprir os compromisos adoptados coa ratificación da CELRM que agora son normativa interna vixente. Tan só o modelo de educación infantil de 0 a 3 anos cumprÃa as esixencias da Carta tal e como sinalou o Informe dos Expertos en 2008″.
Os especialistas insisten en que os poderes públicos deben adoptar medidas positivas de concienciación social da riqueza que supón o patrimonio lingüÃstico do Estado. Estas linguas, engaden, fan aos cidadáns que as falan “exemplos plurilingües da realidade europea”.