A Mesa e un particular denuncian ante o Consello de Europa que Galicia incumpre a Carta Europea das Linguas

Denuncias de lingua

18/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O ensino galego non oferta garantías para que os estudantes se poidan escolarizar na súa propia lingua. Cando menos isto é o que defende A Mesa pola Normalización Lingüística, cuxo presidente, Carlos Callón, anunciaba que denunciará esta situación ante o Consello de Europa. O actual sistema de ensino incumpre, segundo este colectivo, a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. De xeito semellante, Carlos Outeiro, un pai de Ferrol denunciaba onte as dificultades que ten para escolarizar a súa filla en galego e apuntou que xa puxo a situación en coñecemento do Consello Asesor deste documento a súa situación.

Máis información no web da Mesa; en Galicia Hoxe; en El Correo Gallego e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Europa, Consello de Europa, Ensino, Carlos Callón...