A denuncia do Defensor do Pobo sobre a vulneración de dereitos lingüísticos dos castelánfalantes provoca acendidas reaccións

Defensa ante o defensor

6/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O Defensor do Pobo, Enrique Múgica, saltaba onte aos medios ao denunciar que o modelo de inmersión lingüística que, segundo el, se aplica no ensino en Galicia, vulnera os dereitos dos falantes de castelán no noso país. Múgica, nunha carta remitida á ministra de Educación e Ciencia, apuntaba os problemas que tiñan os falantes desta lingua no ensino de Cataluña, Baleares e Galicia e solicita que na futura Lei Orgánica de Educación se contemple a posibilidade de exención da aprendizaxe das respectivas linguas. A Mesa pola Normalización envioulle xa unha carta ao defensor informándolle da situación do galego no ensino e achegoulle o relatorio do Consello de Europa no que se recomenda incrementar a presenza da nosa lingua nese ámbito.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Opinión e no web da Mesa

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Educación, Ciencia, Consello de Europa...