Falta galego na administración, no ensino, no emprego da toponimia e na xustiza. Estas son, resumindo moito, as conclusións do informe que presentou onte o Consello de Europa sobre a aplicación no Estado da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Entre as recomendacións que fai esta análise para conseguir unha axeitada normalización, está crear un modelo de ensino de inmersión lingüÃstica paralelo ao bilingüe, incrementar o número de horas de galego no ensino e garantir o coñecemento do idioma por parte do persoal das administracións.
Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia, en Vieiros e en La Opinión