As declaracións de Ventura Pérez Mariño, novo alcalde de Vigo, indicando que non sabe falar galego e que só o empregará ocasionalmente mentres ocupe o seu cargo, está a provocar unha intensa polémica. Se xa durante a súa campaña electoral e na toma de posesión o emprego do castelán fora moi criticado, agora a Mesa pola Normalización LingüÃstica reclámalle unha declaración pública de apoio ao galego e que se comprometa a utilizalo publicamente tan axiña como o aprenda.
Máis información enGalicia Hoxe e en La Voz de Galicia; declaración da Mesa; declaracións de Pérez Mariño en Faro de Vigo