A Mesa rexeita que Vázquez poida mudar o topónimo da Coruña mentres a Xunta insiste en que a reforma da norma xa é oficial

As polémicas continúan

1/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O anuncio de Francisco Vázquez de que o Concello da Coruña debaterá en pleno a modificación do topónimo da urbe aproveitando a Lei de Grandes Cidades, foi xa contestada desde a Mesa pola Normalización Lingüística. Carlos Callón, presidente deste colectivo lembrou que é a Xunta de Galicia quen ten competencias sobre a toponimia do país e que a única forma oficial é a galega. Mentres, o portavoz parlamentario do PP, Xaime Pita, anunciou onte que a Xunta xa adoptou como oficial a reforma da normativa do galego aprobada pola Real Academia o pasado mes de xuño, e insistiu en que non é necesaria a publicación das normas no Diario Oficial de Galicia para que se fagan efectivas.

Máis información sobre o anuncio de Vázquez en El Ideal Gallego; a resposta da mesa ; a anterior noticia sobre esta iniciativa; as declaración de Pita en Galicia Hoxe; a aplicación da reforma no DOG nesta noticia

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Francisco Vázquez, Carlos Callón, Normalización Lingüística...