Diferentes colectivos lingüísticos apoian a reforma da normativa oficial da lingua galega

Boas críticas

15/7/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Unanimidade nas boas críticas á reforma da normativa aprobada pola Real Academia Galega o sábado pasado. Pablo González Moreiras, director xeral de Política Lingüística da Xunta, afirmou que “todo acordo de consenso, que elimine diferencias, debe ser bo para a normalización da lingua”. Diferentes directivos da industria editorial valoraron tamén de xeito positivo os cambios, e a Associaçom Galega da Língua, a CIG-Ensino, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Colectivo para a Defensa do Galego do Bierzo e outras asociacións tamén se sumaron ás boas opinións. O Movimento Defesa da Língua pospuxo a súa opinión ata un estudio máis detido e Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, indicou que a súa entidade falará “cando a Xunta dea a súa aprobación”.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia, en El Ideal Gallego. Consulta o noso tema do día sobre a reforma e descarga alí o documento cos cambios.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito