O Consello da Cultura Galega valora de xeito positivo o acordo sobre a reforma da normativa da lingua

Máis base

16/7/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O Consello da Cultura Galega (CCG) emitiu esta mañá un comunicado de valoración da reforma da normativa aprobada pola Real Academia Galega. O CCG “valora positivamente” estas modificacións da norma da lingua galega e entende “que os pequenos retoques introducidos suporán un mínimo esforzo de adaptación para os usuarios e, en troques, ampliarán a base de apoio a sectores significativos do mundo cultural e social galego”. O CCG instou á Xunta de Galicia a que “adopte as previsións necesarias” para a aplicación práctica dos cambios aprobados.

Comunicado completo no web do Consello; o tema do día sobre o acordo en culturagalega.org.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Culturagalega, Lingua galega, Real Academia Galega...