A Real Academia Galega presenta a edición actualizada das Normas Ortográficas do Idioma Galego

As normas autorizadas

26/12/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O sábado a Real Academia Galega presentou oficialmente os cambios na normativa oficial da lingua galega. Esta presentación faise cinco meses despois de que se aprobase a reforma da normativa e logo de que Edicións do Cumio imprentara e puxera á venda unha edición non autorizada das normas que suscitou unha certa polémica. Alén diso, a presentación faise días despois de que a revista "A Trabe de ouro" achegara no seu último número un artigo no que enumera a totalidade de cambios efectuados.

Máis información sobre a edición da RAG nun artigo de Méndez Ferrín no Faro de Vigo e sobre a edición de "A trabe de Ouro" en Galicia Hoxe e no noso tema do día sobre a aplicación da reforma

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Ouro, Vigo, Méndez Ferrín...