Do Cumio defende o seu dereito a publicar as normas do galego con textos do Valedor do Pobo e de varias institucións

Mais voltas da norma

17/12/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Edicións do Cumio acaba de publicar na súa web varios documentos cos que defende o seu dereito a publicar a versión das normas do galego que a Real Academia (RAG) aprobou o pasado mes de xullo. Entre estes documentos está un informe do Valedor do Pobo no que sinala que non é necesaria a publicación da reforma no DOG para que esta teña validez. No mesmo sentido inclúense respostas do Consello da Cultura Galega, da Dirección Xeral de Política Lingüística e do Instituto da Lingua Galega a esta cuestión. Estas institucións coinciden en sinalar que non cómpre un pronunciamento oficial para que as reformas entren en vigor.

Máis información en Galicia Hoxe e no web de Edicións do Cumio; a nosa noticia sobre a queixa da RAG; o noso tema sobre a aplicación da reforma

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito