A Real Academia (RAG) emprenderá accións legais contra Edicións do Cumio se a empresa non retira do mercado a súa edición das normas do idioma galego. Esta edición recolle as reformas aprobadas pola academia o pasado mes de xullo e que aÃnda non foron publicadas por esta institución. O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro denuncia que a editora “non ten ningunha propiedade” sobre o texto publicado. Mentres, o director de Edicións do Cumio, Antón Mascato sinala que a lei está da súa parte e que a tardanza da RAG en publicar as reformas lexitiman a súa edición. Pola súa banda, o presidente da Mesa pola Normalización LingüÃstica emitiu un comunicado no que cualifica a academia de “vergoña nacional” e sinala que a institución “pretende frear o coñecemento público da nova normativa.
Máis información sobre a demanda en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e en El Progreso; sobre a reacción da Mesa no Portal Galego da LÃngua e en Galicia Hoxe