A Mesa pola Normalización denunciará vinte inspectores de educación mentres o BNG retira a súa proposta de Lei de Normalización

Denuncias e pactos de lingua

18/12/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Ser neglixentes na vixilancia da aplicación da normativa do galego nos centros de ensino. Esta é a acusación que a Mesa da normalización Lingüística presentará contra vinte inspectores de educación. A asociación fixo durante este curso un seguimento e comprobou que o regulamento continúa sen aplicarse na maioría dos centros. Pola súa banda, o BNG retirou onte no parlamento o seu proxecto de lei sobre normalización do galego, ao acordaren todos os grupos incluír este texto como material de traballo nunha comisión que se creará para desenvolver un proxecto semellante.

Máis información sobre a iniciativa da Mesa en Galicia Hoxe e no Portal Galego da Língua; sobre o proxecto de lei do BNG en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, Educación, Galicia Hoxe, Normalización Lingüística...