A Mesa está disposta a denunciar a vinte inspectores de Educación e a sesenta centros de ensino por incumprimento da Lei de Normalización

Denuncias e felicitacións

12/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Unha suposta infracción da Lei de Normalización Lingüística en preto de noventa centros de ensino públicos e privados levará a Mesa pola Normalización Lingüística a presentar denuncias ante os xulgados. A Mesa levará adiante esta acción despois de que a Xunta negase a veracidade das súas reclamacións á Inspección do ensino e porá unha denuncia contra vinte inspectores de Educación por incumprimentos da normativa en trinta centros. Na súa reclamación a Mesa advirte de outros 60 centros que tamén incumpren a lei e que poden ser denunciados se non se corrixe a situación. Nestes días a Mesa tamén fixo pública a súa felicitación para a parella de Santiago que conseguiu que no Rexistro Civil se respectasen os seus dereitos e se dispuxera de documentación en galego para rexistrar o seu casamento.

Máis información en La Voz e no web da Mesa

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Educación, Normalización Lingüística, Lei de Normalización Lingüística...