Do Cumio publica o texto completo da normativa reformada do galego adiantándose á RAG

Reforma pública

4/12/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Edición do Cumio acaba de publicar unha edición crítica das “Normas ortográficas e morfolóxicas do Idioma Galego” realizada polo profesor Xosé Feixóo na que se inclúen as reformas aprobadas pola Real Academia Galega o pasado mes de xullo. Este é o primeiro texto completo das normas que está a disposición do público e, segundo os editores quere servir para dar a coñecer por fin a totalidade das modificacións e facilitar o seu emprego. Os interesados en ir aplicando as modificacións aos seus textos en formato electrónico contan desde finais do pasado mes de novembro co “Concordia”, un programa libre distribución que adapta automaticamente os documentos.

Máis información sobre a edición de Do Cumio en Galicia Hoxe; podes descargar o “Concordia” nesta web; o noso tema sobre a tardanza na aplicación das reformas

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Real Academia Galega, Culturagalega, Galicia Hoxe...