O Concello da Coruña cumpre co anunciado e aproveita a Lei de Grandes Cidades para castelanizar o topónimo da cidade

Don Ele que Ele

26/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O vindeiro martes un pleno do Concello da Coruña aprobará que a denominación da cidade sexa A Coruña en galego e La Coruña en castelán. Segundo o alcalde da cidade, Francisco Vázquez, con esta decisión quérese “normalizar unha situación que xa é normal na calle”. Como xa anunciara o rexedor hai meses, a corporación aproveitará a facultade que outorga a Lei de Grandes Cidades ao gobernos locais de escoller o topónimo do concello. No entanto, colectivos coma a Mesa pola Normalización xa teñen apuntado que a única forma legal e recoñecida con sentenza xudicial incluída é a galega e que é a Xunta de Galicia quen ten a competencia sobre toponimia no país.

Máis información en La Voz de Galicia; en El Ideal Gallego e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Concello da Coruña, Francisco Vázquez, La Voz de Galicia...