Francisco Vázquez quere oficializar o topónimo La Coruña mentres Vigo duplica os seus falantes de español

Lingua arriba, lingua abaixo

7/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O Alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, anunciou a súa intención de empregar a Lei de Grandes Cidades para oficializar o topónimo La Coruña. O texto legal, que entrou en vigor este ano, permite aos gobernos locais modificar a denominación oficial dos concellos. Mentres, e segundo anuncia hoxe “Atlántico Diario”, o número de vigueses monolingües en castelán duplicouse nos últimos dez anos. Tamén se incrementou desde 1991, aínda que moito menos, a cifra de persoas que só falan galego na cidade, que pasou de 50.100 a 53.007, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.

Máis información sobre a iniciativa de Francisco Vázquez en El Ideal Gallego e en Vieiros

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Vázquez, Vigo, Vieiros, Instituto Nacional de Estatística...