A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Galega de Editores (AGE) expresaban onte a súa preocupación pola perda de falantes de galego entre as xeracións máis novas. Carlos Negro, secretario da AELG sinala que os datos feitos públicos recentemente polo Institúo Galego de EstatÃstica (IGE) "constatan o fracaso da polÃtica lingüÃstica da Xunta". Pola súa banda, Miguel Anxo Fernán Vello, presidente da AGE, apuntou que hai tamén outros culpábeis coma a falta de compromiso do profesorado ou os medios de comunicación. A Asociación de Funcionarios para a Normalización LingüÃstica apuntou pola súa banda que "non hai un único responsábel" deste retroceso, "senón moitos".
Máis información en Galicia Hoxe