Os editores reclaman que o Día das Letras se transforme nun Día do Libro mentres se coñecen novas cifras de edición

Días e libros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Mentres o Conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, apuntaba recentemente que o Día das Letras debería abrirse a campos diferentes do estrictamente literario, a Asociación Galega de Editores aproveitou esta data para reclamar que o dezasete de maio pase a considerarse Día do Libro Galego. O secretario deste colectivo, Miguel Anxo Fernán Vello, apuntou tamén que nos últimos anos descendeu nun vinte e cinco por cento a facturación deste sector. Ademais, datos do Instituto Nacional de Estatística apuntan que en 2004 editaron 121 libros menos que no ano anterior.

Máis información en La Voz de Galicia ; en Galicia Hoxe e no noso tema

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Día do Libro, Xesús Pérez Varela, Miguel Anxo Fernán Vello...