O sector do libro denuncia a paralización da Lei do Libro polas eleccións mentres caen as vendas un 20%

Parados e a descer

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A elaboración das Leis do Libro e das Bibliotecas quedou paralizada por mor da convocatoria de eleccións, nun momento en que o panorama editorial galego pasa por unha grave crises. Esta é a análise que Miguel Anxo Fernán Vello, presidente de Asociación Galega de Editores, o seu homólogo Cesáreo Sánchez da Asociación de Escritores en Lingua Galega e Xurxo Patiño, da Federación de Libreiros realizaron onte na Feira do libro de Santiago. Os representantes destes sectores afirmaron que a caída de facturación das editoras é continuo e que foi dun 20% no período 2002-2003. Ademais, apuntan que só un 12% das vendas son de obras en lingua galega.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Lei do Libro, Miguel Anxo Fernán Vello, Escritores...