Os editores advirten ao futuro goberno da Xunta das necesidades no sector do libro galego

Aviso a navegantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Na presentación do portal de Internet da Asociación de Editores Galegos. Miguel Anxo Fernán-Vello, presidente da AGE, cualificou de ”delicado” o momento actual do sector no que, segundo el, “asistimos ao comezo dunha crise que pode ter un final moi triste”. Fernán-Vello e Manuel Bragado presentaron o balance da edición de 2004 segundo o cal nese ano editáronse 1.894 títulos en galego, un 14 por cento máis que no 2003, pero cunha caída progresiva da facturación. O apoio ao prezo fixo dos libros, incumprido segundo eles polas grandes superficies, e un modelo alternativo á gratuidade do libro escolar foron outros aspectos urxentes mencionados desde a AGE. Os editores queren que o futuro goberno leve ao Parlamento os borradores de Lei do Libro e de bibliotecas nas que ven traballando a Mesa do Libro desde fai máis dun ano.

Máis información en Galicia Hoxe
e no sitio web da AGE

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, AGE, Manuel Bragado, Lei do Libro...