A candidatura de consenso encabezada Miguel Anxo Fernán-Vello dirixirá a Asociación Galega de Editores

Consenso editorial

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Dezaoito votos a favor e só tres abstencións levaron onte á directiva da Asociación Galega de Editores a candidatura de consenso encabezada por Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel Bragado e Víctor Freixanes. Con esta mudanza o colectivo agarda acabar coas disensións existentes até momento e conseguir unha presenza máis forte na sociedade. Onda os mencionados, completan a nova directiva Susana Lamela da editorial Tambre, Alfonso Sanmartín de Rodeira, Francisco Pillado de Laiovento e Irene Penas de Everest.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia; web da Asociación; máis sobre a asociación nos nosos arquivos e en Lg3

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Asociación Galega de Editores, Culturagalega, Miguel Anxo Fernán Vello...