O plan de gratuidade de libros de texto que quere implantar a Xunta tirarÃalles aos editores o cincuenta por cento dos seus beneficios, segundo os datos que este colectivo lle presentou onte a Manuel Fraga. Na entrevista que mantivo a nova directiva da Asociación de Editores co presidente da Xunta, este colectivo reclamou un incremento do gasto público en libros desde os 0.66 euros por habitante que se dá na actualidade até unha cifra de 1.1 euros. Os editores consideran que cómpre un plan de choque para que mellorar as dotación das nosas bibliotecas e chegar á cifra de 1,5 libros por persoa.
Máis información en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia; nos nosos arquivos e en Lg3