Os editores relacionan a gratuidade dos libros de texto coa crise do sector e co descenso das publicacións en galego

O descenso do libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Asociación Galega de Editoras (AGE) presentou onte o informe no que analizan os efectos no sector da gratuidade dos libros de texto. Segundos estes datos, a vendas de libros de texto diminuíron ata un 36% desde 2001. Ademais, os editores salientan que esta crise está a afectar á edición na nosa lingua. Segundo eles, se en 2000 so 94,6% dos títulos dos membros da AGE estaban na nosa lingua, para 2006 as previsións son só dun 15,8% de libros en galego. O libro de texto supuña ata o de agora un 40% das vendas do sector editorial do país.

Máis información e datos do informe no web da Asociación de Editores; La Voz de Galicia; en Galicia Hoxe, máis sobre os problemas da gratuidade nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, AGE, Galicia Hoxe, Culturagalega...