O presidente da Xunta comprométese cos editores a analizar posibles cambios no sistema de gratuidade dos libros escolares

Revisión da gratuidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Despois dun encontro con representantes da Asociación Galega de Editores o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeuse a estudar alternativas para o actual modelo de gratuidade dos libros de texto. Os editores entregaron ao presidente un informe no que se detallan unha serie de consecuencias catastróficas para o sector do libro por causa do modelo actual. Segundo este informe as vendas caeron á metade desde que se implantou a gratuidade. Os editores propoñen axudas directas ás familias segundo a renda. Dado o avanzado do ano calquera cambio de sistema terá que agardar ata o curso 2008-2009.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Emilio Pérez Touriño, Asociación Galega de Editores, La Voz de Galicia