Os editores denuncian que o sistema de gratuidade de libros de texto non é ben recibido na comunidade escolar

A ollada no préstamo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Profesores e pais coinciden en que un modelo de axuda directa para a adquisición de libros de texto “é mellor para fomentar a motivación e o interese dos alumnos”, favorece o seu rendemento académico e mais ”a calidade da ensinanza”. Cando menos así o asegura o informe que a Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela realizou para Asociación Galega de Editores sobre esta cuestión. O estudo presentábase onte, poucos días despois de que se anunciase a reforma no sistema de xestión para a gratuidade de libros de texto, e entre outras conclusións, sinala que o actual sistema, polo que os libros se reutilizan varios anos, “impide ao alumno empregar os manuais como ferramenta de traballo, limita as súas oportunidades de aprendizaxe e comprensión e non establece a gratuidade total”.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Asociación Galega de Editores, Universidade de Santiago de Compostela