Os libreiros, os editores e a Xunta chegaron finalmente a un acordo. A partir do vindeiro ano o sistema de gratuidade de libros de texto organizarase a través dun cheque que os pais dos alumnos poderán empregar na librarÃas adscritas ao programa. Ao tempo, a xestión do sistema pasará a depender dunha empresa e non dos centros de ensino. O vindeiro ano 129.068 estudantes empregarán este novo sistema, mentres que os que restan ata 217.096 seguirán co anterior. Agárdase que esta proposta ha paliar en boa medida a crise que que veñen denunciando os libreiros. Precisamente o sector reclamáballe hoxe a Cultura que acabe cos atrasos nos pagos pola adquisición de libros para bibliotecas. Estes profesionais estiman en medio millón de euros a cantidade pendente, o que segundo eles pon en perigo a supervivencia de pequenos negocios.