A Federación de Libreiros atribúe o feche de trinta librarías nos últimos meses á gratuidade dos libros de texto

Fechados de balde

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O debate sobre os efectos negativos que para as librarías pode ter a gratuidade dos libros de texto que puxo en marcha a Xunta este ano continúa aberto. Hoxe coñécese que a Federación de Libreiros atribúe a esta medida o feche de trinta librarías en todo o país, e que o 81% dos enquisados no sector consideran negativa esta medida. A Federación reclama de novo que a gratuidade se aplique a través do sistema do cheque-libro, que fai que o material se adquira de xeito individual, aínda que con cartos públicos, nos estabelecementos do sector.

Máis información en La Voz de Galicia e no noso tema sobre a gratuidade

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, La Voz de Galicia