Alfonso García Sanmartín é elixido presidente da Asociación de Editores, confirmando o consenso do sector

Editores anovados

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Tal e como se anunciara, finalmente Alfonso García Sanmartín, director de Rodeira, foi elixido onte como novo presidente da Asociación Galega de Editores, con dezanove votos a favor e só tres en contra. Entre o seu proxecto de xestión, que continuará o labor desenvolvido nos últimos anos, está a busca dunha nova sede para a entidade, que quere mudarse ás proximidades de Compostela. Canda a este, está por desenvolver o proxecto do Salón do Libro e da Industria Editorial, previsto para o vindeiro mes de decembro. Con García Sanmartín completan a directiva Francisco Alonso, de Xerais, Pilar Sampil de Galaxia e Xosé Ballesteros, de Kalandraka.

Máis información en Galicia Hoxe; La Voz de Galiciae nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Xosé Ballesteros, Pilar Sampil, Galicia Hoxe...