Alfonso García Sanmartín prepara a súa candidatura á presidencia da Asociación Galega de Editores

Sucesión editorial

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xa existe un substituto para Miguel Anxo Fernán-Vello na directiva da Asociación Galega de Editores. Segundo asegura "Galicia Hoxe", Alfonso García Sanmartín, da editorial Rodeira será o novo presidente deste colectivo e manterá unha liña de continuidade coa do seu predecesor. De feito, foi a propia directiva saínte quen lle encargou a Sanmartín a elaboración dunha listaxe, o que indica a intención de lograr consenso na remuda. Entre os retos máis inmediatos para a nova directiva está a posta en marcha do Salón do Libro e da Industria Editorial.

Máis información en Galicia Hoxe; web da Asociación de Editores

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Asociación Galega de Editores, Galicia Hoxe, Rodeira