Os editores galegos dan a coñecer os seus novos proxectos entre os que inclúen a creación dos premios Ánxel Casal

Saíndo do prelo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asemblea Xeral que celebrou onte a Asociación Galega de Editores deu na aprobación dun bo lote de novas iniciativas. Entre as máis destacadas está o anuncio da creación dos premios Ánxel Casal que recoñecerán diferentes traballos editoriais feitos no país. O presidente deste colectivo, Miguel Anxo Fernán-Vello, destacou tamén que Galicia ten moitas posibilidades de ser a vindeira convidada na prestixiosa Feira Internacional do Libro de Guadalaxara. Ademais anunciaron para o vindeiro mes de decembro a celebración do Salón do Libro e da Industria Cultural, que se desenvolverá en Pontevedra e a elaboración dun documental sobre a historia do libro galego.

Máis información en Galicia Hoxe e no novo web da Asociación Galega de Editores

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Ánxel Casal, Asociación Galega de Editores, Feira...