A lei do libro comezará a súa tramitación parlamentaria en xaneiro

Por un libro internacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación Galega de Editores e a consellaría de cultura achegaron as súas posturas nunha xuntanza celebrada hoxe en Santiago. Entre as principais conclusións destaca o anuncio de que a Lei do libro comezará a súa tramitación parlamentaria en xaneiro e que ambas entidades colaborarán para unha maior internacionalización da edición galega. Ademais, a AGE anunciou a creación no 2006 dun gran salón da industria cultural que dea cabida “ao libro, música e audiovisual galego”. Por outra banda, a AGE concedeu os seus galardóns de honra a Edicións Xerais de Galicia e Edicións Sotelo Blanco. O resto dos gañadores saberanse este sábado na cerimonia de entrega dos Premios da Edición 2005.

Máis información en Galicia Hoxe no web da Xunta, en La voz de Galicia e no web da Asociación de Editores; máis sobre a lei nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Lei do Libro, AGE, La Voz de Galicia...