Trinta e catro editoras e máis de seiscentas obras representan a Galicia na nova edición da Feira do Libro de Frankfurt

Seiscentas obras en Frankfurt

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
As case trescentas mil persoas que se agarda visiten a Feira do Libro de Frankfurt que comeza hoxe poderán coñecer ata seiscentos vinte títulos dos editados no noso país. Trinta e catro empresas da Asociación Galega de Editores estarán representadas nun espazo común dentro do maior evento deste tipo do mundo. Canda a elas, Edicións do Cumio, Hércules, Espiral Maior, Galaxia, Kalandraka e OQO editora terán ademais os seus propios representantes no lugar. O director xeral de creación cultural, Luís Bará, visitará tamén o encontro para dar a coñecer a nosa industria editorial.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Frankfurt, Feira do Libro, Luís Bará, Editores...