Protagonismo para a edición galega no Brasil e novos compromisos de tradución son principais resultados da Feira de Frankfurt

A falar da Feira

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A vindeira Feira do Libro de São Paulo terá as nosas letras coma protagonistas. A Asociación Galega de Editores anunciaba esta fin de semana que chegou a un acordo cos organizadores deste evento na recente Feira de Frankfurt para que o noso país sexa convidado da feira paulista no ano 2006. Tamén en Frankfurt a editorial Kalandraka anunciou que chegou a acordos para editar en hebreo, coreano e italiano algúns dos títulos do seu fondo, coma “O coelliño branco”, “Moncho e a mancha” ou “Xaime e as landras”.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia, e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Frankfurt, Tradución, Brasil, Editores...