Abre a Feira do Libro de Frankfurt coa presencia de dezasete editoriais galegas

Libros galegos para Alemaña

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A 54 edición da Feira Internacional do Libro de Frankfurt, que comezou onte nesta cidade alemana, conta coa presencia de dezasete editoras galegas. A xa clásica delegación organizada pola Asociación Galega de Editores coa Consellería de Cultura conta coa presencia de editoras coma Xerais, Galaxia, Ediciós do Castro, Baía, Nova Galicia ou Sotelo Branco entre outras. A canda eles, Kalandraka mantén un pavillón propio. Os galegos pretenden aproveitar este encontro para establecer contactos de cara a futuras publicacións e coñecer de primeira man a producción máis recente de todo o mundo.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da feira

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Frankfurt, Feira do Libro, Editores, Ediciós do Castro...