As editoras galegas conseguiron unha maior presencia na Feira do Libro de Frankfurt pola diminución de postos

Menos Frankfurt, máis galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O récord de participación galega na Feira do Libro de Frankfurt deste ano coincidiu cunha diminución da presencia xeral de empresas neste encontro, segundo informou a presidenta da Asociación Galega de Editores (AELG), Fabiola Sotelo. Ademais do posto común patrocinado pola Xunta para o sector, Kalandraka e Nova Galicia Edicións contaron con cadanseu posto. A presidenta da AELG apuntou que en xeral se viu un descenso no número de editoras de todo o mundo neste evento e que mesmo os pavillóns dispoñibles eran máis pequenos, polo que a presencia galega viuse reforzada. De calquera xeito recoñeceu que aínda non se poden facer valoracións sobre os resultados económicos do evento para o sector xa que os acordos conseguidos non se concretan de xeito inmediato.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa noticia sobre a feira

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Frankfurt, Feira do Libro, Editores, Kalandraka...