A Asociación de Editores responde á polémica sobre o pago de dereitos de autor asegurando que existe control sobre os mesmos

Resposta editorial

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Se onte recollíamos a serie de artigos que "La Voz de Galicia" está a dedicar aos problemas que o pago de dereitos de autor ten no sector editorial galego, hoxe temos a resposta das empresas. A Asociación Galega de Editores emitiu un comunicado no que asegura que estes pagos están legalmente establecidos no contrato cos autores e que a Consellaría de Cultura controla a súa realización como condición para conceder subsidios ás empresas. Ademais, a AGE asegura que promove as boas prácticas entre os seus asociados e animou os autores a reclamar "mesmo por vía legal" os casos de incumprimento destas obrigas.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe, no web dos editores e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, Asociación Galega de Editores...