Un déficit en bibliotecas, un gasto público en libros inferior á media estatal e unha media de 1,1 libros por habitante son algunhas das eivas que a Asociación Galega de Editores (AGE) denunciou onte que existen en Galicia neste sector. Ademais, o editores salientaron que a produción de libros na nosa lingua diminuÃu en 2004 un 0,94% con respecto ao ano anterior, logo de medrar un 300% desde 1991. O presidente deste colectivo, Miguel Anxo Fernán Vello, destacou que a facturación do libro galego, sen embargo, diminuÃu nun trinta por cento nos últimos tres anos. A AGE reclamou que o novo goberno tome medidas para que o libro pase a ser un sector estratéxico e anunciou, entre outros eventos, a celebración do II Simposio sobre o libro e a lectura en Outubro e a organización para decembro dun evento que reúna o audiovisual e a música co mundo do libro.
Máis información en Galicia Hoxe, e nos nosos arquivos