A celebración do Día do Libro motivou abondosos actos por todo o país e mesmo no exterior

Libros na portada

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Desde a presenza de dez autores galegos nas Ramblas barcelonesa a asinar exemplares, ata os especiais dos diferentes xornais ou as casetas que saíron á rúa en varias cidades do país, Galicia celebrou este sábado o Día do Libro de 2005 con abondosos actos. Deste xeito, na inauguración oficial da Feira do Libro en Compostela, o conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, apuntou que "xa dispomos dos anteproxectos da nova Lei de Bibliotecas e do Libro". A Consellaría repartiu, con ocasión desta efeméride libros nos principais estadios de fútbol do país. En Lugo un Quijote percorreu as rúas da cidade. Canda a estes actos, lecturas colectivas, presentacións e outros eventos encheron de letras a fin de semana.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día do Libro, Xesús Pérez Varela, Feira do Libro, Bibliotecas...