A piques de rematar o ano, mais dentro do prazo prometido, o secretario xeral de polÃtica lingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, presentaba esta mañá ante o parlamento o texto do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico. O plan, que xa pasara pola cámara o pasado mes de abril como unha proposta para o debate, chega agora como un "documento consensuado", segundo anuncia a ConsellarÃa, logo de múltiples xuntanzas con axentes do sector. O proxecto prevé un total 84 medidas en dez áreas para procurar a implantación da nosa lingua na economÃa e contará, logo da súa aprobación, cun orzamento previsto de 6.339.699 euros no seu desenvolvemento durante un perÃodo de cinco anos.
Entre as medidas que contempla o proxecto, incÃdese na integración do galego no ámbito da responsabilidade social empresarial, proponse a formación lingüÃstica de profesionais, a creación dun punto de información sobre lingua destinado ás empresas, o impulso á etiquetaxe e ás campañas publicitarias en galego, asà como unha especial atención á presenza do idioma nas novas tecnoloxÃas. O proxecto está agora pendente da emisión dun ditame polo Consello da Cultura Galega antes de que chegue ao Consello da Xunta para a súa aprobación.